A segunda edición do D3safío 42 incrementa o número de premios

A segunda edición do  D3safío 42 incrementa os premios en metálico na categoría individual (ata o oitavo clasificado/a) e incorpora unha nova categoría por equipos. Debedes buscar como mínimo a unha rapaza que vos acompañe, aínda que admitimos tamén equipos de dúas ou tres mozas.

Repartimos premios en metálico para os cinco primeros equipos clasificados. Cada equipo recibirá un único chip en préstamo e cada integrante do equipo levará este chip en cada carreira. Os demais membros do equipo podedes acompañar pero non competir nas carreiras dos vosos compañeiros.

Para que os favoritos non copedes todos os premios, o regulamento non permite participar na competición individual e na de equipos simultáneamente.

Ademáis, haberá dúas camisetas en cada saco do corredor para agradecer a vosa confianza no d3safío. Haberá premios para os gañadores e para os que simplemente participan. Esperamos que o sorteo de obsequios sexa moi, moi longo.

Por outra parte, faremos unha forte campaña promocional das carreiras de cativos, para que o d3safío se vaia convertindo na competición que queremos: esixente para tod@s aqueles que o desexades, e unha festa para os que simplemente disfrutades do deporte e do running en particular.