Celanova é coñecida polo seu alto valor patrimonial, histórico, literario e natural. Berce de ilustres escritores, o seu principal atractivo arquitectónico é o Mosteiro de San Salvador, fundado no ano 936 e Monumento Nacional dende 1931. Pero tampouco hai que perderse a pequena vila medieval de Vilanova dos Infantes, o xacemento arqueolóxico de Castromao ou a casa natal de Curros Enríquez, convertida na Casa dos Poetas.

Fotos de José Antonio Gil Martínez, Darío Álvarez y Luis Miguel Bugallo Sánchez.