A terceira edición do d3safio42 Ourense, organizada por Qualité Sport Events SL e baixo o patrocinio principal da Excelentísima Deputación de Ourense, celebrarase os dias 14 e 15 de Maio.

Este d3safío consta de tres probas a celebrar nas localidades de Maceda, Ourense e Allariz. As distancias a percorrer serán:

– Maceda: 6km.
14 de MAio: 15:30 h.

– Ourense: 15km. nocturna
14 de Maio 21:30 h.

– Allariz: media maratón

15 de Maio: 10:00 h.

1. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES.

Para participar nas probas débense cumprir os seguintes requisitos:

• Pertencer a algunha das seguintes categorías que se disputan.
• Pertencer a algunha das seguintes categorías que se disputan.
• Coñecer e aceptar as condicións do presente regulamento.
• Aceptar os percorridos elixidos pola organización.
• Inscribirse en tempo e forma.
• Na recollida de dorsais/chip o corredor terase que acreditar mediante DNI ou Pasaporte.
• Non se admite cambio ou cesión do dorsal. En caso de que un corredor estea lesionado ou no poida ir por traballo ou outro motivo deberá anular a súa inscrición.
• Os dereitos de inscrición inclúen todos os servizos descritos no presente regulamento.
• A organización reservase o dereito de reducir o número de prazas por motivos de seguridade ou outros motivos que poidan afectar o bo desenrolo da carreira. En calquera caso, dita modificación será anunciada con suficiente antelación na web da carreira.
• A organización contratará un seguro de accidentes para todos aqueles participantes inscritos na proba.

2. PERCORRIDOS:

O percorrido estará marcado pola organización con vallas delimitadoras, frechas marcadas no pavimento e outros elementos de sinalización ubicados a intervalos regulares.

Estes percorridos serán publicados coa suficiente antelación na páxina web www.desafio42.com e constarán dunha imaxe aérea do percorrido.

Será obrigatorio seguir o itinerario marcado por moi dificultoso que resulte, así como pasar por todos os controis de paso establecidos.

A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido ou incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen ou por outras causas de forza maior.

Modificación do percorrido e/ou suspensión da carreira.

No caso de malas condicións meteorolóxicas ou causas de forza maior, a organización reservase o dereito de suspender, neutralizar ou modificar as franxas horarias e/ou o percorrido e avituallamentos. Neste caso no se devolvería o importe da inscrición.

En caso de anulación da proba por causas de forza maior e con unha antelación de máis de 7 días respecto á data de saída, realizarase un reembolso parcial dos dereitos de inscrición. O importe fixarase en función da capacidade de reembolso da organización tras facer fronte ós gastos fixos non recuperables.

3. AVITUALLAMENTOS

Tanto na proba dos 15k nocturna de Ourense como na Media Maratón de Allariz, se establecerán diferentes avituallamentos no percorrido.

4. INSCRICIÓNS E USO DO CHIP DE CRONOMETRAXE

O prazo de inscrición é dende o 1 de marzo de 2016 ata o martes 10 de Maio. As inscricións realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

Os prezos da inscrición para o III Desafio 42 Ourense Termal serán:

 CATEGORÍA INDIVIDUAL:

6k Castelo de Maceda:

– 1 de marzo o 4 de marzo: 6 euros

– 5 de marzo o 6 de maio: 8 euros

– 7 de maio o 10 de maio: 11 euros

15k nocturna de Ourense:

– 1 de marzo o 4 de marzo: 10 euros

– 5 de marzo o 6 de maio: 12 euros

– 7 de maio o 10 de maio: 15 euros

Media maratón de Allariz:

– 1 de marzo o 4 de marzo: 10 euros

– 5 de marzo o 6 de maio: 12 euros

– 7 de maio o 10 de maio: 15 euros

Mais 1 euro de aluguer do chip de cronometraxe en caso de non ser propietarios do chip championchipnorte.

Os participantes que desexen optar á clasificación final do III d3safío 42, terán que inscribirse no III d3safio42 seleccionando o opción habilitada , do contrario non poderán optar os premios da categoría individual.

IMPORTANTE: Os prazos e prezos das tres probas para os atletas que desexen optar á clasificación final do III d3safío42 serán:

– 1 de marzo o 4 de marzo: 25 euros

– 5 de marzo o 6 de maio: 27 euros

– 6 de maio o 10 de maio: 30 euros

No evento, da web de championchip,  dos 6K Castelo de Maceda poderedes ver a opción para tramitar a inscrición.

III D3SAFIO42 OURENSE TERMAL CATEGORÍA POR EQUIPOS (Os equipos deben conter polo menos unha muller entre os seus participantes)

– 1 de marzo o 4 de marzo: 25 euros para as tres probas

– 5 de marzo o 6 de maio: 27 euros para as tres probas

– 6 de maio o 10 de maio: 29 euros para as tres probas

Os equipos inscritos deberán darlle un nome ó seu equipo e presentar un corredor diferente por carreira para poder optar ós premios da categoría equipos.

Recibirán un único chip que terán que intercambiar entre os membros do equipo según a etapa que cada un deba realizar. Deberán entregar o chip prestado ó finalizar a última das carreiras.

Haberá unha única clasificación final de equipos independentemente do sexo dos seus compoñentes.

ASPECTOS IMPORTANTES

A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.

O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumprir estes requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes supostos nun prazo máximo de 5 días.

É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.

A organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores, non obstante, recoméndalles ós participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.

En caso de que un inscrito non poida asistir a proba, se poderá transferir a inscrición da proba a outro atleta (enviando os seus datos a info@qualitesport.com) ata falta de unha semana para o comezo da mesma. En ningún caso se considerará a devolución da mesma.

O prezo da inscrición inclúe:

INSCRICIÓN EN CADA PROBA INVIDIDUAL:

  • Avituallamentos establecidos pola organización.
  • Asistencia sanitaria.
  • Bolsa do corredor en cada unha das probas que se inscriba
  • Cronometraxe mediante chip.
  •  Seguro de accidentes deportivos.

INSCRICIÓN NO DESAFIO 42 OURENSE TERMAL

  • Tódolos puntos anteriores.
  • Gym bag personalizado da proba
  • Medalla FINISHER para os que rematen as 3 probas.
  • Diploma co tempo total dos 42k
  • Agasallos dos patrocinadores

5. RECOLLIDA DO DORSAL/CHIP

Os horarios de recollida nas diferentes probas será o seguinte:

• Maceda: recollida dende as 14:30 ata 15:30
• Ourense: recollida dende as 19:30 ata as 21:30
• Allariz: recollida dende as 8:45 ata as 10:00

Si houbera calquera cambio de horario ou ubicación para estas recollidas, comunicarase en www.desafio42.com.

Será obrigatorio levar o dorsal na parte dianteira sen dobrar durante toda a proba, quedando visible en todo momento.

O dorsal deberá gardarse hasta a clasificación final definitiva e o acto de entrega de trofeos.

Toda aquela persoa que participe na proba sen estar inscrita, sen dorsal, ou falseando os datos da inscrición, faino baixo a súa responsabilidade e sen ter dereito a ningún dos servizos e produtos ós que teñen dereito os corredores inscritos oficialmente, podendo ser retirada da proba por calquera membro da organización.

Non está permitido ningún cambio de dorsal. De producirse esta circunstancia sería causa de descualificación.

O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

6. CATEGORÍAS

Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:

• PROMESA-JUNIOR (ANO 1994 – 2000)
• SENIOR (ANO 1981 – 1993)
• MASTER A (ANO 1971 – 1980)
• MASTER B (ANO 1961 – 1970)
• MASTER C (ANO 1960 en adiante)

7. LIDERES DO DESAFIO 42 OURENSE TERMAL

Ó remate de cada proba, entregaranse os premios dos gañadores de cada categoría, así como a camisola dos líderes das mesmas. Establécense os seguintes:
 – PROMESA – JUNIOR: camisola NARANXA
– SENIOR: camisola AMARELA
– MASTER A: camisola FUCSIA
– MASTER B:  camisola NEGRA
– MASTER C : camisola VERMELLA
Tódolos líderes do Desafio42 Ourense Termal deberán portar a camisola correspondente nas carreiras posteriores (Ourense ou Allariz).

8. OBRIGAS DOS PARTICIPANTES

O percorrido realizarase exclusivamente a pe. Os únicos vehículos autorizados para seguir a proba polo recorrido oficial son os designados e acreditados pola Organización. Queda totalmente prohibido seguir ou acompañar ós corredores polo recorrido oficial a pe, en coche, moto, bicicleta ou levando animais atados, dado o perigo que poida supoñer para a seguridade dos mesmos.

Todo corredor participante estará obrigado ó seguinte polo mero feito de participar:

• Prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado, estando obrigado a comunicalo ó control máis cercan inmediatamente, ou avisar por teléfono á organización.
• Realizar o percorrido marcado pola Organización sen saírse del.
• Seguir en todo momento as instrucións dos membros da Organización e controis.
• Comportarse deportivamente e mostrarse respectuoso cos outros participantes , voluntarios e membros da organización.
• Desfrutar da proba de maneira responsable dando o mellor de si.

9. ASISTENCIA E SEGURIDADE DOS PARTICIPANTES

A Organización contará con un servizo médico ó servizo dos corredores dende 1 hora antes do inicio da carreira ata 1 hora despois da súa finalización, dispoñendo das ambulancias e vehículos de apoio necesarios que estarán presentes ó longo do recorrido e na saída/meta. Ademais prevense puntos estratéxicos para facilitar una eventual evacuación de algún corredor que o requira.

Polo mero feito de inscribirse, todos os participantes declaran estar en perfecto estado de saúde e aptos para a proba.

A organización da proba preverá os seguintes servizos en cuanto á seguridade dos participantes se refire:

• Servizos de asistencia sanitaria e ambulancias, como mínimo na saída e chegada.
• Equipo escoba que recorrerá a totalidade do itinerario no mesmo sentido da proba.
• A comunicación entre los controis, equipo escoba, saída e chegada e director de carreira.
• Plan de emerxencia e evacuación de participantes durante a carreira.
• Haberá varios equipos sanitarios itinerantes distribuídos en distintos puntos da carreira en función das prioridades médicas do momento.
• Dito isto, non se exime ós corredores da obriga de ofrecer asistencia a calquera outro participante que o necesite.
• Todos os corredores se someterán ó xuízo do médico, sendo a súa valoración la que prevalecerá ante calquera outra, polo que os sanitarios e médicos oficiais poderán:

• Eliminar da carreira (anulando o seu dorsal) a todo corredor no apto para continuar.
• Ordenar a evacuación de calquera corredor ó que consideren en perigo.
• Ordenar a hospitalización de calquera corredor que consideren necesaria.

A inscrición na proba implica a aceptación das normas e a adecuada preparación do participante para a carreira, sendo consciente da dureza das probas. Neste sentido, o participante exime á organización dos posibles problemas de saúde derivados da súa participación na carreira.

Os corredores inscritos entenden que participan voluntariamente e baixo a súa propia responsabilidade na competición e polo tanto, exoneran de toda responsabilidade á organización da proba e conveñen en non denunciar á entidade organizadora, colaboradores, patrocinadores e outros participantes, así como tampouco iniciar ningunha reclamación de responsabilidade civil contra las citadas partes.

RETIRADA DE UN CORREDOR/A

A dirección de carreira e/ou o médico da organización, poderán retirar da competición a un corredor e quitarlle o seu dorsal, cando consideren que teña mermadas as súas capacidades físicas ou técnicas como causa da fatiga e o desgaste da proba, garantindo así a súa saúde. Nestes casos, a organización farase cargo da evacuación do participante.

10. CLASIFICACIÓNS

A clasificación de este II D3SAFIO42 OURENSE obterase da suma de tempos das tres carreiras obtido por cada un dos participantes. Isto quere dicir q para optar á clasificación final e a consecución de algún dos premios en metálico, os participantes deberán completar as tres probas das que conta este desafío.

Os premios de este III d3safio42 Ourense Termal non son acumulativos. Ningún participante poderá percibir premio pola clasificación individual e pola clasificación por equipos conxuntamente.

Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as nas clasificacións individual e por equipos.

Trofeo ó/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría.

PREMIOS ECONÓMICOS

Clasificación xeral 15k nocturna de Ourense

1º/1ª posto: trofeo e 200 €
2º/2ª posto: trofeo e 100 €
3º/3ª posto: trofeo e 50 €

Clasificación xeral individual Media maratón de Ourense

1º/1ºª posto: trofeo e 200 €
2º/2ª posto: trofeo e 100 €
3º/3ª posto: trofeo e 50 €

Clasificación xeral individual DESAFIO42 OURENSE TERMAL

1º/1ª posto: trofeo e 200 €
2º/2ª posto: trofeo e 150 €
3º/3ª posto: trofeo e 100 €

Clasificación xeral equipos DESAFIO42 OURENSE TERMAL

1º posto: trofeo e 100 €
2º posto: trofeo
3º posto: trofeo

O finalizar as diferentes probas, a organización facilitará as clasificacións por categorías cos tempos.

A non presenza no acto de entrega de trofeos entenderase como renuncia ós trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación en outra persoa por parte dos gañadores para a recollida dós trofeos e premios deberá ser coñecida e autorizada pola organización alo menos con 30 minutos de antelación á entrega.

Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

Na finalización de cada unha das probas, non se realizará entrega de trofeos. No caso de que si se entregaran premios en algunha das carreiras, a organización proporcionará información da forma e contía de estes premios na páxina web do desafío.

11. DESCALIFICACIÓNS

A descalificación de un participante producirase durante a proba sempre que incorra en calquera dos puntos indicados a continuación:

• Provocar un incidente deportivo (agresión ou insulto) a un competidor, membro da organización, do equipo arbitral ou espectador.
• Provocar un accidente de forma voluntaria.
• No prestar socorro a outro participante que estea en perigo ou accidentado, estando obrigado a comunicalo ó control máis cercan inmediatamente.
• Que manifeste un mal estado físico ou psíquico.
• Que non realice o percorrido oficial marcado pola Organización ou no pasar por algún dos controis establecidos.
• Que manifeste un comportamento antideportivo.
• Que a sabendas da súa imposibilidade de participar na proba, proporcione datos erróneos para facelo.
• Non levar posto o dorsal, recortalo ou entrar sen el na meta.
• Refusar, quitar ou cambiar as marcas de sinalización postas pola organización.
• Non seguir as instrucións dos membros dos controis durante a carreira.
• Que a xuízo da Organización se incumpra algunha das normas da proba ou prexudique a imaxe da mesma.

Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

12. RESPONSABILIDADES

A organización non se fai responsable dos danos que puideran causar ou causarse os corredores participantes por imprudencias ou neglixencias das mesmas. Igualmente, os participantes declaran estar en condicións físicas e psíquicas óptimas para realizar esta proba e o fan baixo a súa enteira responsabilidade, eximindo da mesma á Organización da proba. O inscribirse en esta carreira supón a aceptación plena de esta Normativa.

O participante exime de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da súa participación no evento (exemplo perdida de obxectos persoais, roubo, lesión, atropelos, agresións…).

13. OBXECTOS PERDIDOS

Unha vez finalizada a carreira, e durante un período posterior de 15 días, a organización gardará os obxectos olvidados e perdidos durante a carreira. Ó finalizar o prazo, a organización xa non responderá ás peticións dos propietarios.

14. DEREITOS DE IMAXE

A entidade organizadora reservase en exclusividade o dereito sobre a imaxe da proba, así como a explotación audiovisual e periodística da competición. Calquer proxecto mediático ou publicitario deberá contar co consentimento da organización.

15. PROTECCIÓN DE DATOS

De acordo co establecido na Ley Orgánica 15/1999 de 13 de diciembre de protección de datos de carácter persoal, todos os datos dos participantes recollidos no formulario de inscrición serán incluídos nun ficheiro privado propiedade de Qualité Sport Events, organizador do desafío42 Ourense, con fins exclusivos de xestión da proba. Todos os interesados poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais mediante correo electrónico a info@qualitesport.com.

16. MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO

No caso de que a organización se vexa obrigada, poderá modificar o presente regulamento. As modificacións serán debidamente comunicadas con antelación ós participantes.

A realización da inscrición implica o recoñecemento e a aceptación do presente regulamento.

Calquera circunstancia non prevista no presente regulamento será resolta ateñéndose ó criterio de dirección de carreira.