Regulamento das carreiras de menores

En cada unha das localidades onde se disputan as etapas de este III desafío42, celebraranse paralelamente probas para cativos. A inscrición será totalmente GRATUITA

-Entregarase camiseta + medalla FINISHER todolos nenos o pasar a liña de meta, asi como avituallamento o remate da mesma.

-As inscricións deberán ser realizadas antes do día 17 Maio de 2017 no portal web www.championchipnorte.com

-Habrá un premio de 120 euros en material deportivo o colexio que aporte maior cantidade de nenos en cada unha das probas. Así, deberán indicar, a hora de tramitar a inscrición, a que colexio pertencen. Unha persoa da organización se encargará de contrastar inscritos na proba xunto cos presenciais.

A proba será NON competitiva e estará composta polas seguinte categorias e distancias
2013-2017 150m
2010-2012 400m
2006-2009 900m
2002-2005 1300m