Finaliza a primeira edición do D3SAFÍO42

Só foron tres meses de preparación de esta complexa aventura, pero foron de tal intensidade e de recuperar contacto con tanta xente xa coñecida que, aínda que fora a última edición, xa merecería a pena.

Por sorte non vai ser así, e xa estamos traballando na próxima edición. Puliremos erros, cambiaremos de datas para que encaixe millor nas vosas cuidadas programacións anuáis,tentaremos tratar millor ós deportistas e ás súas familias, atraeremos máis nenos e xente ós circuitos, sinalizaremos e colocaremos máis xente nos puntos conflictivos das carreiras, milloraremos a bolsa do coredor, incluiremos a posibilidade de participar en equipos de tres integrantes, tentaremos dotar á proba de millores premios en metálico, buscaremos novos agasallos cos que premiar ós que terminen esta dura proba… En definitiva, aprenderemos dos erros cometidos e tentaremos que a segunda edición sexa do agrado de todos os que vos animedes a participar.

Agradecementos: á Deputación de Ourense, pero non como mero patrocinador e organizador senón polo apoio incondicional para que a proba sexa unha aposta de futuro, ás persoas que dende cada concello facilitaron que todo saira como saíu, ós meus eficaces colaboradores que cumpriron á perfección o seu cometido, á empresa MOVE por facilitar os medios necesarios para organizar unn evento así, a Universidade de Vigo por facilitarnos as súas instalacións para que o fin de festa fora o que foi, ó servizo municipal de deportes de Ourense que nos facilitou asesoramento e material, ás diferentes policías locales, a protección civil, á Cruz Bermella por ser Beneficiario e querer asociar a súa imaxe á d3safío42 ourense, ós múltiples voluntarios que sumaron esforzos en cada concello…………..Perosobre todo, moitas grazas ós que apostastes por nos. Non vos importou enfrentaros a climatoloxías adversas, costas interminables, poucas horas de recuperación…. e destes un espectáculo impresionante con ritmos de locura.

Gracias a todos, esperámosvos en abril.

Atréveste????