BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA

OBXETIVO

Dar a coñecer a PROBA Desafio42 Ourense e por extensión as zoas polas que discorre: A Ribeira Sacra, O Ribeiro e Ourense cidade, así como a promoción e divulgación de actividades deportivas e culturais e o achegamento ao deporte a través da fotografía.

TEMÁTICA

As fotos deberán realizarse durante o transcurso das tres probas que forman o desafío42 Ourense que se celebrará o 20 e 21 de setembro de 2014 , e deberán estar relacionadas coa carreira e as actividades deportivas en torno a mesma.

PARTICIPANTES

Poderán participar no concurso todas aquelas persoas que o desexen, sen restrición de idade nin nacionalidade, salvo aquelas que formen parte do xurado do propio concurso.

OBRAS

1. Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías por autor. 2. Quedarán excluídas aquelas que puideran resultar de mal gusto u ofensivas polo seu contido, e contrarias a legalidade vixente. 3. O autor deberá garantir que é o único titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta a concurso, e responsabilizase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda a reclamación de terceiros por dereitos de imaxe. 4. As obras poderán publicarse na web e redes socias, tanto da organización como dos colaboradores, tanto do concurso como da media maratón.

PRESENTACIÓN

1. Deberán presentarse en formato jpg, con un peso máximo de 2 Mb. 2. Está permitida a manipulación da fotografía sempre e cando non desvirtúe a propia fotografía. 3. A data límite de presentación será o sábado 27 de Setembro de 2014 as 24 horas. 4. Deberán enviarse o seguinte correo: j.rey@moveservicios.es 5. Deberá especificarse no asunto: concurso fotografía “desafio42 Ourense” 6. No Correo deberá indicarse os seguintes datos de contacto: Nome e apelidos DNI Teléfono de contacto Correo electrónico Calquera obra fotográfica que non cumpra os requisitos establecidos nas bases serán descartadas.

PREMIOS

Concederanse tres premios as tres fotografías mellor valoradas polo xurado cunha cuantía total de 200 € distribuídos do seguinte xeito: • 1º premio 100 € • 2º premio 60 € • 3º premio 40 € 1. Ningún autor poderá ser premiado con dúas ou mais fotografías das que presente. 2. A renuncia a un premio, calquera que sexa o motivo, non dará lugar a compensación algunha. 3. Cunha selección das fotografías realizarase unha exposición itinerante para a promoción de futuras carreiras. 4. O fallo do xurado publicarase na web www.desafio42.com e redes sociais antes do 4 de Outubro de 2014.

XURADO

O xurado estará formado por tres persoas, dúas de elas serán membros da empresa MOVE servicios de ocio e deporte, organizadora da carreira e un membro da Deputación de Ourense, patrocinador principal da carreira.