José Antonio Requejo gaña a cuarta edición do DESAFÍO 42 OURENSE TERMAL

José Antonio Requejo Santos levou o triunfo absoluto na IV Edición do Desafío 42-Ourense Termal cun tempo de 2 horas 24 minutos e 26 segundos. O corredor burgalés da Escola Atlética Ben Cho Sey foi o claro dominador da proba, levándose tamén a vitoria individual nas tres carreiras que formaban parte deste singular maratón por etapas: Media Maratón de Coles, 6K Sunset Encoro de Cachamuíña e 15K Ourense Banco Mediolanum. O podio completárono Anxo Castro (2h 34m 34s) e Albino Fernández (2h 43m 22s). Lolo Penas, un dos favoritos, non puido loitar pola vitoria ao lesionarse na carreira de Coles.

Na categoría feminina, María Ferreiro, do Atletismo As Burgas, foi a vencedora cun tempo de 3 horas 18 minutos e 11 segundos, avantaxando en máis de 4 minutos na xeral á segunda clasificada, Silvia García (3h 22m 42s). A atleta ourensana rendibilizou a vantaxe lograda na Media Maratón de Coles, na que se proclamou gañadora, para levarse tamén o triunfo xeral. Rocío Porta (3h 45m 06s) completou o top 3 feminino. Pola súa banda, Eva Igrexas do Corredores do Miño gañou na 6K Encoro de Cachamuiña, mentres que na 15K Ourense Banco Mediolanum, Sofía Freaza, do Comesaña, foi a máis rápida.

O podio por equipos colocou ao Corredores do Miño no máis alto, seguidos do Limiactiva B e do Abel Antón Running. Precisamente, o ex campéon do mundo de maratón, tamén triunfou na súa categoría, ao levarse a vitoria na Máster B.

O evento tamén contou coa presenza de preto de 200 nenos de diferentes colexios da provincia que participaron nas carreiras infantís desenvolvidas nas tres localidades.

A IV edición do Desafío 42-Ourense Termal estivo organizado por Qualité Sport Events en colaboración coa Diputación de Ourense, os concellos de Coles, Parada do Sil e Ourense e o apoio de Banco Mediolanum.

 

CONSULTA AQUÍ AS CLASIFICACIÓNS:

DESAFIO42_EQUIPOS

DEASFIO42_POR_CATEGORIAS

DEASFIO42_POR_SEXOS


OURENSE GENERAL

OURENSE CATEGORIAS

OURENSE SEXO


CACHAMUIÑA GENERAL

CACHAMUIÑA CATEGORIAS

CACHAMUIÑA SEXO


MM COLES GENERAL

MM COLES CATEGORIAS

MM COLES SEXO