Comeza a conta atrás para o inicio dunha nova edición do D3safío 42. Finalmente participarán con nos este ano, un total de 800 deportistas entre todas as carreiras, categorías e modalidades. É un crecemento considerable pero non pensamos desistir ata alcanzar o milleiro de participantes.
De cara a estes últimos días aconsellarvos moito descanso, boa hidratación e unha boa inxesta de carbohidratos nos días anteriores ó D3safío. Recordade que isto non é como empeza senón como acaba polo que recomendamos dosificar as forzas xa que as carreiras de Carballiño e Celanova non son doadas.
Recordamos os horarios de retirada de dorsáis que se entregarán nos puntos de saída de cada unha das carreiras.
• Xinzo de Limia: recollida dende as 08:00 ata as 09:30.
• Carballiño : recollida dende as 15:30 ata as 16:30.
• Celanova: recollida dende as 08:45 a 09:45.
Adxuntamos localización de estes puntos para que vos sexa máis doado.
XINZO DE LIMIA
CARBALLIÑO
CELANOVA
ESPERÁMOSVOS!!!