Auténtico símbolo da localidade, o Templo da Vera Cruz, obra do arquitecto Antonio Palacios, é un espectacular exemplo de arquitectura contemporánea. Outros puntos de interés son o xacemento castreño de San Cibrao de Las, o Pazo dos Quiroga e Santa Baia de Banga, xoia do románico.

Un dos principais atractivos do Carballiño é a súa condición de estación balnearia. As augas termais teñen os seus referentes principais nas Caldas de Partovia e no Gran Balneario. Pola súa parte, o río Arenteiro concentra grandes áreas de ocio como as praias fluviais do Cuco e a Piscifactoría ou o Parque Municipal.

E, por suposto, non hai que perderse o que constitúe a gran atracción gastronómica do Carballiño: o pulpo.

Fotos de O Carballiño, Juantiagues y Contando Estrelas.