O Ribeiro, centro cultural, paisaxístico e gastronómico

É a comarca máis occidental da provincia de Ourense e limítrofe con Pontevedra. Regada polo río Miño é o lugar onde este conflúe cos ríos Avia e Arnoia. Os vales destes ríos foron o berce do viño do Ribeiro e de multitude de civilizacións ó largo do tempo. Como tal, presenta unha impresionante riqueza tanto arquitectónica, cultural e etnográficamente falando.

Con Ribadavia como capital, O Ribeiro representa unha das comarcas máis activas da bisbarra no termo cultural. Este pobo ofrece unha oportunidade de alto valor ingadido ós visitantes para completar unha adecuada oferta de ocio. Así mesmo, a milenaria historia que atesoura, o seu precioso casco antigo, as intensas pegadas sefardíes ou a oferta termal que posee son outros atractivos que fan de Ribadavia un lugar para coñecer e disfrutar.

Non te podes perder:

O Mosteiro de San Clodio, As Termas de Prexigueiro, O casco histórico de Ribadavia, O Clube Náutico de Castrelo de Miño e as súas actividades.