O C.R.D.O. Ribeiro colabora co D3SAFÍO 42

Máis noticias motivantes para os que están indecisos. O C.R.D.O. Ribeiro colaborará coa aportación de 12 lotes de viño e merchandising da D.O. Ribeiro para os 3 gañadores masculino da xeral, 3 gañadores femenino da xeral e 3 gañadores locais masculino e femenino. Estarán compostos acordes ao posto: 1º, 2º e 3º.

Ademais, regalan unha viaxe á D.O. Ribeiro con aloxamento dunha noite e desaiuno, un xantar ou cea e visita a unha ou dúas adegas para o sorteo xeral entre todos os participantes que acaben o desafío completo.

http://www.ribeiro.es/