Cidade capital do Termalismo, aínda que de moitas outras apaixoantes cousas máis. Dividida polo Miño e unida por numerosas pontes, cada cal máis interesante. Ofrece ós seus visitantes innumerables plans que a fan denominar a cidade da auga. As facilidades que aportaban os brotes de augas a máis de 65º seguramente teñan moito que ver co nacemento e asentamento da civilicación a redor destes xurdimentos. Isto leva a que cada rúa do seu casco histórco sexa unha obra de arte debido ás numerosas igrexas, capelas e, como non, a impactante catedral.

A vida en Ourense non só é auga e pedra. A climatoloxía permite saír á rúa cada día do ano e os Ourensáns fan boa conta delo, tanto para facer compras polas rúas máis modernas como, para disfrutar da rica gastronomía polas rúas do casco histórico.

Non te podes perder:

O casco histórico da cidade e a súa oferta gastronómica, as termas (Outariz, Chavasqueira ou As Burgas), A Burga, as rúas do centro como a do Paseo para facer compras, a Praza Maior inclinada.