Ribeira Sacra, un entorno espectacular

É algo insólito, algo que che namorará. Escarpados e fértiles socalcos romanos ateigados de viñedos en ladeiras de ata máis de 500 metros de profundidade sobre o río Sil. Xentes apaixoantes capaces do maior esforzo para a recolección dos recoñecidos caldos denominados coloquialmente Mencía.

Sen dúbida un dos lugares máis impresionantes do mundo en canto a maxestuosidade da natureza. Fogar dos benedictinos e dos seus mosteiros donde perfeccionaban e refinaban os recoñecidos viños.

Podes disfrutala en coche, parando nos numerosos miradores que se ofrecen, ou embarcando no catamarán que sae de Nogueira de Ramuín e surca o Canon do Sil. Calquera opción che embelesará.

Non te podes perder:

O Canón do Sil, as vistas dende os miradores, a paisaxe dende “Carreteiro” mirador de Soutochao, Mosteiro de Santo Estevo. o cruceiro en barco dende Nogueira.