Referencia indiscutible do Entroido galego, a vila de Xinzo de Limia é a capital da comarca da Limia e ofrece numerosos atractivos ao visitante, dende a lagoa de Antela, unha das maiores de España ata a súa desecación a mediados do século XX e actualmente en proceso de recuperación, ata o Museo Galego do Entroido, un centro que mantén viva esta festa fóra das datas sinaladas. Outras visitas obrigadas son o Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, coa súa fachada gótico-plateresca, o Parque do Pombal e a ribeira do río Limia.

 

 
Fotos del Ayuntamiento de Xinzo de Limia, Manuel Fouce y José Antonio Gil Martínez.